Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Poullain, Claude (1986)
"Poesía gallega y poesía castellana en Rosalía de Castro"
Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: II. pp. 413-437.
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago de Compostela.

Estudo dedicado a un aspecto fundamental en Rosalía de Castro: o bilingüismo. O investigador considera que o emprego das dúas linguas deriva da situación do galego e do castelán na época rosaliana.

Segundo Claude Poullain, a importancia e orixinalidade da poeta está, por unha banda, no enriquecemento do idioma galego ao utilizarse para varias clases de poesía e ao convertelo nunha lingua universal. Por outra banda, Rosalía crea unha poesía lírica e existencial nova grazas á concretización do abstracto xa que os conceptos e problemas se expresan nunha lingua próxima á do pobo.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org