Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Herrero Figueroa, Araceli (1986)
"Emilia Pardo Bazán, crítico de Rosalía"
Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: II. pp. 363-372.
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago de Compostela.

Preténdese tratar e avaliar os xuízos críticos emitidos por Emilia Pardo Bazán sobre a obra de Rosalía de Castro no volume De mi tierra. Con este propósito, Araceli Herrero divide o seu traballo en varios apartados a través dos cales comproba como a imaxe de Rosalía se reduce. Segundo explica a investigadora, Pardo Bazán inclúe a poeta dentro dun segundo período do Rexurdimento que ela mesma inaugura co libro Cantares gallegos. Deste poemario destácase a identificación co espírito rexionalista e sublíñanse os méritos relativos á métrica e á utilización da lingua. Con todo, omítense os poemas máis comprometidos con Galicia e que poden representar o xerme da conflitividade da literatura rexional.

En canto a Follas novas, Pardo Bázán non valora nin a forma, nin o contido, nin o medio de expresión. Conclúese incidindo en que na crítica emiliana hai limitación, esquematismo no enfoque do pobo galego, limitación lingüística e visión restritiva do renacemento galego e da literatura rexional.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org