Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

(2010)
Serie de cantigas




Descrición: Versión de Folgoso (concello de Ponteceso, A Coruña). Cantadas por Pilar Rama Pose, 64 anos. Recollida o 21 de maio de 2010 na Lareira do Cura-Fundación Eduardo Pondal no Couto-Ponteceso (A Coruña) nunha "Polafía" organizada pola sección de Literatura Tradicional da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Tipo de son: Audio informativo

Formato: mp3

Fonte: Asociación de Escritores en Lingua Galega

Observacións:

As cuartetas asonantadas de versos octosilábicos, nalgúns casos hexasilábicos, con rima nos versos pares, denominadas en castelán coplas, en portugués quadras, é a forma predominante da lírica tradicional de Galiza, das cantigas ou cántigas. Esta forma poética converteuse a partir da fin do século XVI na estrofa popular por excelencia da lírica popular da Península Ibérica; segundo Domingo Blanco Pérez probabelmente este xénero é unha importación da tradición oral de Castela.

Neste video podemos ver como a señora Pilar Rama Pose canta coplas de tema diferente coa mesma melodía formando series, este fenómeno xa está testemuñado desde os inicios do século XVII na lírica tradicional castelá.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org