Estudo do libro Saltério de Fingoi, de Ricardo Carballo Calero, centrado na procura por parte do eu poético dun "sentimento [que] transcenda o propiamente humano". O traballo está centrado na análise de catro eixes temáticos: a representación de Deus, a vida do ser humano concibida como un tránsito, o amor (e o papel dos personaxes femininos), e a morte, liberada de connotacións negativas. A autora salienta nos salmos do libro actitudes como a oración, a petición de auxilio, a confesión de desvalimento ou o desexo de protección filial.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org