A importancia de Faustino Santalices na cultura galega do século XX non se limitou ao campo da música tradicional, concretamente aos instrumentos da gaita e da zanfona, cuxa vitalidade e usos actuais tanto lle deben.
A identificación do romanceiro galego co romance de Gaiferos de Mormaltán e cos cegos que cantaban estas poesías narrativas acompañados da zanfona e do violín ten moito que ver cos escritos, coas actuacións e coas grabacións que Santalices realizou ao longo da súa vida. El foi quen popularizou o Gaiferos de Mormaltán, que en realidade non era unha poesía narrativa obtida da tradición oral, senón un romance apócrifo escrito por Manuel Murguía. Anos máis tarde, o poeta ourensano Álvaro de las Casas incluiu o texto murguiano modificado nunha antoloxía de poesía popular galega e Faustino Santalices consagrou esta última versión mediante as súas intervencións musicais. Ao mesmo tempo, o músico de Bande tamén contribuiu á confusión dos dous xéneros da poesía narrativa popular: o romanceiro tradicional e o romanceiro vulgar, tamén denominado de cego ou de cordel.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org