Segundo dos dous limiares do primeiro libro de Jaime Moreda Santamaría, Pequeños poemas desesperados, con produción en galego e en castelán. Guimarães presenta nel unha proposta clasificatoria dos textos á vez que incide na ausencia dunha organización derivada xa da propia decisión autorial. O prologuista lamenta non só esta falta senón tamén a de títulos ou epígrafes orientadores da lectura. Ademais, detalla unha serie de conviccións estético-ideolóxicas sobre a entidade do poema, a súa difícil relación co discurso político e tamén sobre o carácter esencial do amor como tema poético. A clasificación que presenta a propósito dos textos de Moreda é tripartita: poemas filosóficos, existencias e de amor, este último sector con preferencia pola opción lingüística galega e con ausencia de marca erótica. Ao estilo de Musset, sinálase. O prologuista observa a seguir algunhas características de estilo ou temáticas no libro e anota unha relación coa Rosalía dos Cantares e mais cos poetas receptivos á filosofía popular.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org