Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

González Garcés, Miguel (1987)
"Tomás Barros, poeta"
Nordés: 13 (II Data), pp. 33-34.

O crítico examina poemas de Berro diante da morte e de Abraio, os libros en galego de Tomás Barros, neste monográfico de homenaxe ao poeta. Citando opinións que xa sostivera na obra Poesía galega de posguerra, González Garcés subliña mediante citas do poeta as canles expresionistas, existencialistas, metafísicas, de absurdo kafkiano e preocupación relixiosa que se advirten na poesía de Tomás Barros.

[É reedición dun artigo publicado en La Voz de Galicia (11/09/1986) co gallo do pasamento de Tomás Barros.]

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org