Descrición: Antoloxía conmemorativa do VII Festival da Poesía no Condado, celebrado en Porriño os días 27 e 28 de xuño de 1987. Un texto de José Viale Moutinho, a modo de homenaxe á amizade e camaradaría con Xosé María Álvarez Cáccamo, serve como introdución aos poemas dos escritores galegos, asinados nesta edición por Antón Avilés de Taramancos, Uxío Novoneyra, Ana Romaní, Xoaquín Agulla Pizcueta, Xosé María Álvarez Cáccamo, Xela Arias, Darío X. Cabana, Margarita Ledo, Víctor Vaqueiro, Manuel María, Marta da Costa, Manuel Forcadela, Bernardino Graña, Manuel Lueiro, Xavier R. Baixeras, Mª do Carme Kruckenberg, Claudio Rodríguez Fer, Rivadulla "Corcón", Xavier Seoane, Xosé Vázquez Pintor, Xosé Fraga Iglesias, Xulio López Valcárcel, Ánxeles Penas e António Rodríguez Reixa.
A presentación dos poetas portugueses corre por conta de X. L. Méndez Ferrín, que exalta a terra e a poesía portuguesas, tamén desde claves resistentes, ademais de glosar a importancia simbólica do río Miño. Os poetas lusos participantes no Festival e na antoloxía son os seguintes: Pires Laranjeira, Carlos Leite, Luis Veiga Leitão, António Cabral, Isabel Aragão, António Rebordão, Francisco Duarte, António de Almeida Matos, David Rodrigues e Albano Martins.
O resto de autores participantes son o brasileiro Claudio Murilo, con limiar de António Maura ("A poesia brasileira hoje"), os cataláns Jordi Domènech e Lluís Alpera, con introdución de Isidor Cònsul, así como o vasco Patricio Urquizu Sarau, con presentación de Jon Kortazar ("De Nietsche a Wittgenstein Poesía vasca dos últimos anos").
Metadatos: Festival da Poesia no Condado;
Avilés de Taramancos, Antón;
Novoneyra, Uxío;
Romaní, Ana;
Agulla Pizcueta, Xoaquín;
Álvarez Cáccamo, Xosé María;
Arias, Xela;
Cabana, Darío Xohán;
Ledo Andión, Margarita;
Vaqueiro, Vítor;
Manuel María;
Dacosta, Marta;
Forcadela, Manuel;
Graña, Bernardino;
Lueiro Rey, Manuel;
Rodríguez Baixeras, Xavier;
Kruckenberg, María do Carmo;
Rodríguez Fer, Claudio;
Rivadulla Corcón;
Seoane, Xavier;
Vázquez Pintor,Xosé;
Fraga Iglesias, Xosé;
López Valcárcel, Xulio;
Penas, Ánxeles;
Reixa, Antón;
Méndez Ferrín, X. L.;
Pires Laranjeira;
Leite, Carlos;
Veiga Leitão, Luis;
Cabral, António;
Aragão, Isabel;
Rebordão, António;
Duarte, Francisco;
Almeida Matos, António de;
Rodrigues, David;
Martins, Albano ;
Murilo, Claudio;
Maura, António;
Domènech, Jordi;
Alpera, Lluís;
Cònsul, Isidor;
Kortazar, Jon;
Urquizu Sarau, Patricio;
SCD Condado;
poesía e compromiso;
poesía e política;
poesía e oralidade.
Observacións: O equipo de poesiagalega.org fai constar o seu agradecemento á Sociedade Cultural e Desportiva do Condado, pola súa disposición e axuda para a incorporación a este repositorio dixital de distintos materiais relacionados co Festival da Poesia no Condado.