Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Reis, Carlos (1986)
"A poesia dialógica em Follas novas de Rosalía de Castro"
Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: II. pp. 209-217.
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago de Compostela.

Chámase a atención sobre o prólogo de Follas novas e destácase a insistencia no alleo e a súa relación co suxeito poético. A continuación, desenvólvese o concepto de dialoxismo e especifícase que o interese na medida en que se relaciona co contexto. Parte, pois, Carlos Reis de que a poesía de Rosalía de Castro está motivada polas circunstancias de comunicación explicitadas desde o primeiro texto cando, a través da comparación, o suxeito poético implica no discurso un contexto. Reis trata de configurar a entidade da relación dialóxica e considera que, a pesar  da intensidade lírica, subsiste en Rosalía a capacidade de establecer un diálogo cun ti susceptible de se representar metamorfoseado. Conclúese indicando que o dialoxismo de Follas novas se asocia ao hibridismo entre un claro modo lírico e un difuso modo narrativo, tal e como o traducen as oscilacións temáticas.

 

 
reis_1986_rosalia.pdf (.pdf 0.9 Mb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org