Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

López, Ángel (1986)
"Problemas de estructura y discursos lírico y étnico en Follas novas de Rosalía de Castro"
Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: II. pp. 201-208.
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago de Compostela.

O primeiro achegamento de Ángel López á obra de Rosalía de Castro céntrase no problema da estrutura e da unidade e coherencia intratextuais. Para o estudoso, Follas novas ten cinco grandes partes que, en principio, non forman un sistema sematicamente coherente. Con todo, e a pesar do prólogo, estas divisións indican unha actitude selectiva e planificada por parte da poeta.

O segundo achegamento trata os problemas da cronoloxía e do lugar de composición e que tamén entran en contradición co prólogo, pois o investigador considera que este foi redactado tras a coidada lectura e agrupación dos textos.

Por outra parte, en Follas novas disíntese da formulación tradicional católica da vida e do destino. O sentimento lírico de Rosalía rexeita o esquematismo binario e postura unha tríade na que aparece a desgraza a través dunha serie de semas (morte, suicidio, emigración, memoria, esquecemento) que, á súa vez atraen símbolos. Conclúe Ángel López referíndose ao discurso poético de Rosalía que se realiza en dous códigos: o lírico e o étnico.

 
lopez_1986_rosalia.pdf (.pdf 850 Kb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org