Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Aguiar e Silva, Vítor M. de (1986)
"Para uma leitura deconstrutivista da poesía de Rosalía de Castro"
Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: II. pp. 183-191.
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago de Compostela.

Despois de aludir á deconstrución como teoría e práctica de interpretación de textos e á súa evolución nos medios universitarios norteamericanos, Vítor M. de Aguir e Silva indica as orixinalidades deste método de análise.

Seguindo a poética da deconstrución, Aguiar e Silva propón una "misreading" (lectura parcelar e parcial) dalgúns textos líricos de Rosalía de Castro procurando detectar e revelar as súas fisuras semánticas. O estudoso advirte as contradicións recoñecidas e asumidas ou obxecto ironía nalgúns poemas cuxa temática xira ao redor da morte, o desexo, a culpa e o pecado, a esperanza e a fe.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org