Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Henríquez Salido, María do Carmo (1986)
"Umha leitura sociolingüística dos versos 'Probe Galicia, nom deves/chamar-te nunca espanhola,/que Espanha de ti se olvida'"
Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: II. pp. 173-181.
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago de Compostela.

Despois de advertir que entende a sociolingüística como unha base para explicar as relacións existentes entre a situación social da época e os elementos lingüísticos seleccionados por Rosalía de Castro, María do Carmo Henríquez Salido fai unha lectura individual dos tres primeiros versos da parte IV do texto "A gaita gallega". A súa análise desenvolve os seguintes elementos: presentación da situación histórica entre 1856 e 1863, situación da poeta e da lingua galega dentro do contexto do romantismo europeo e, finalmente, estudo sintáctico da oración bipolar causal e dos seus elementos léxicos.

Henríquez Salido resalta a súa pretensión de visibilizar unha Rosalía de Castro que é voz da colectividade e galega e, polo tanto, unha poeta social que denuncia.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org