Alonso Montero describe a Tomás Barros como poeta anti-xesticulante e comedido. Con respecto ao libro Berro diante da morte (1964) —que X. Alonso Montero ten como único escrito en galego polo poeta, esquecendo que publicara en Ediciós do Castro Abraio (1978)—, comenta que, aparte dalgúns versos sociais, predomina o conflito existencial en todo o poemario. Poeta serodio en galego, nótase, di, que non está instalado radicalmente nesta lingua. As súas grandes paixóns foron a poesía e a pintura. Comprometido co feito poético, fundou e dirixiu as revistas Aturuxo (1951) e Nordés (1975). Apunta que non gozou da atención dos lectores en galego, nin foi moi atendido en escolmas e comentarios, salvo excepcións. O autor lamenta non ter incluído o seu poema "Rosalía no meio de pobo" na súa recén editada Coroa poética para Rosalía de Castro (1985).
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org