Alberto Porqueras alude á fórmula "non sei que" procedente do latín, estendida entre as linguas románicas e acreditada en España desde o século XVI e XVII. O autor considera que Rosalía de Castro aprendeu o emprego desa expresión fixa na tradición española e o Romanticismo encontrou nela o medio para conectar co desacougo do momento.
A continuación recóllese e anótase o uso da fórmula na obra de Rosalía para expresar o inefable que a acosaba. Se en Cantares gallegos o "non sei que" se relaciona con impresións auditivas pero tamén con niveis temporais e espaciais, en Follas novas refírese ás dúbidas íntimas e á tristeza provocadas polo mesmo tipo de sensacións. En cambio, en En las orillas del Sar auséntase a fórmula a pesar da emerxencia da tristeza.
O autor conclúe indicando que Rosalía de Castro é o nexo entre o Romanticismo e Juan Ramón Jiménez no uso do "non sei que".
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org