Alúdese ao tema central da poesía de Rosalía de Castro: a dor de vivir e, polo tanto, a dor do tempo. Para Kathleen Kulp-Hill ningún poeta como Rosalía expresou con máis autenticidade ese tema pois Cantares gallegos, Follas novas e En las orillas del Sar son tres pasos sucesivos da súa autobiografía espiritual que indican o progreso cara á síntese na perspectiva do tempo. Se no primeiro poemario a autora se mostra acosada pola dor da vida, no segundo percíbese unha preocupación obsesiva polo tempo e, no terceiro, vive en soños para superalo. Conclúese que, malia reflectir tendencias da súa época, Rosalía anticipa as preocupacións da seguinte.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org