O artigo estuda a visión que da paisaxe galega ofrecen os Seis poemas galegos de Lorca como escenario da articulación entre individuo e natureza que caracteriza a poesía moderna. O binomio acuñado por Schiller que distingue poesía inxenua (ou clásica)/poesía sentimental (ou subxectiva), cada unha delas caracterizada por unha determinada relación entre suxeito e natureza, leva o autor do artigo a recoñecer ambas fórmulas nos Seis poemas, de xeito que o poemario ofrecería unha visión totalizadora da devandita relación.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org