Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Carvalho Calero, Ricardo (1986)
"Rosalia, umha rosa de cem folhas"
Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: II. pp. 77-87.
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago de Compostela.

O autor evoca un poema de Follas novas en que Rosalía de Castro identifica o seu corazón cunha rosa de cen follas, metáfora tamén da súa poesía. A continuación, Ricardo Carvalho Calero desfolla as unidades constituíntes da poética rosaliana: a oposición entre a percepción da traxedia da condición humana fronte á preocupación social; o binomio masculinidade fronte a feminidade, resolto ao ser a lírica rosaliana esencialmente humana; a orixinalidade fronte á imitación; a ordenación rítmica da linguaxe e a cuestión lingüística, na que Rosalía se mostra como poeta bilingüe e diglósica.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org