Conxunto de notas autopoéticas incluídas no libro Historia de Abaddón. Xosé Cermeño, nun texto de carácter heteróxeneo, desvenda algunhas das referencias intertextuais que tiveron importancia na xestación da obra. Neste sentido, menciona textos de J. M. Barrie, Cunqueiro, Méndez Ferrín ou José Hierro, así como da Biblia. Á hora de sinalar outros elementos incorporados á súa poética, Cermeño repara no carácter impúdico da escrita, na idea do suicidio, na fascinación polas paisaxes portuarias ou na súa devoción por autores como Jaime Gil de Biedma ou Antonio Gamoneda que incorporaron de forma eficaz a ironía á súa produción poética.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org