Nota incluída ao comezo de A boca violeta, na que Claudio Rodríguez Fer dá conta das liñas de reflexión poética que funcionan na súa escrita. Inclúe o libro no ciclo constituído por Poemas de amor sen morte, Tigres de ternura e Historia da lúa. A continuación, explicita a xénese de cada unha das súas partes. O poema "A boca violeta" é situado en coordenadas xeográficas e pictóricas de base surrealista; na sección "Mordedura mortal" prevalece o erotismo na súa comuñón coa natureza; a serie "Emakume" desenvólvese a partir da ollada sobre a arte coa referencia principal de Euskal Herría; "Herbario" incide na temática paisaxística, desta vez con Galicia como referente; "Toda a ti" está atravesada pola vocación amorosa; finalmente, "A cabeleira (Fragmentos)" é unha parte dun poema longo inacabado.
Malia a diversidade dos enfoques propostos na súa obra, así como as distintas lecturas e apropiacións ás que deu lugar na esfera crítica, Rodríguez Fer insiste en sinalar a aspiración total da súa poesía, que integraría de forma harmónica as vocacións paisaxística, nacional, libertaria, erótico-amorosa e metapoética.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org