Comentario de dous poemas narrativos da obra A maior abondamento (Buenos Aires, 1972) de Luís Seoane. A autora subliña en "Verdadeiro sucedido nun Nadal" o dramatismo do tema da condena ao desterro en terras de Burgos da familia dun fuxido galego, no Nadal de 1950, momento en que morre a nai. O espazo e o tempo destácanse a través de reiteracións e contrastes. En "O home que vive nun cano", a autora salienta a base documental novamente (a noticia dun xornal sobre un emigrante galego que vive refuxiado nun cano no centro de Buenos Aires) e o paralelismo que Luís Seoane establece con Dióxenes o Cínico, dotando de dignidade a esta intrahistoria dramática e actual. Termina Luz Pozo Garza comentando a significación do poemario na arte e na poesía social do autor.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org