Texto inédito en forma impresa até a súa publicación en poesiagalega.org. Recolle as palabras da presentación do libro de Gonzalo Hermo Crac (Edicións Barbantesa, 2011), na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela o día 18 de xaneiro de 2012. Francisco Cortegoso compartiu o acto de presentación co propio poeta e con Oriana Méndez, Chus Pato e Alicia Fernández.
Cortegoso formula unha presentación hermenéutica ao libro principalmente asentada na súa propia intertextualidade e nos círculos concéntricos que a lectura persoal proxecta en torno ao corpo, o desexo e a lei. Incorpora así ao Celan de Mapoula e memoria, tamén o Wrong de Depeche Mode ou algunha canción recente de Zaz. Son textos que serven para sustentar a figuración de base do libro de Hermo: colocar ás lectoras perante o incerto Ti como eu-mesmo.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org