O crítico presenta esta creación compartida entre Manuel Rivas e Xavier Seoane como un experimento lúdico que non acada, nin o pretende, a altura das obras anteriores de ambos os dous autores. É posible, di, recoñecer a man de cada autor nos textos, polas constantes estéticas de cadaquén, como a lingua liberada, o argot underground, a incitación á viaxe iniciática (motivo de Luís Seoane) e a óptica irónica e urbana (no caso de M. Rivas). Está presente a mitoloxía do cine e a fragmentación propia das tomas cinematográficas, de xeito que o traballo final do libro imaxínao o crítico como a montaxe dunha película. Sinala tres maneiras de aparición do fragmentarismo, e nomea os poemas que lle resultan de maior calidade. Aparece no número "Homenaxe a Luís Seoane".
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org