O autor recorda os comezos das súas inquedanzas rosalianas dende a súa incorporación á vida universitaria e galeguista ata que se fixo médico e presidente do Patronato Rosalía de Castro. Se daquela se interesara polas ideas de J. Villamil sobre a patoloxía de Rosalía de Castro e a influencia na súa obra, trinta anos despois serán unhas palabras de Xesús Rábade as que provoquen o estudo da patobiografía de Rosalía de Castro.
O resultado é a exposición dunha serie de datas chave na patobiografía de Rosalía e a procura de conclusións: 1837 (nacemento e orfandade), 1858 (voda e primeira filla), 1865-68 (cartas a Murguía a propósito das enfermidades) e 1881 (dimisión de Rosalía). O autor remata cuestionando se o ano da súa dimisión ou suicidio literario se deberá á súa situación de "eterna enferma".
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org