A recensión aproveita o comentario do libro para realizar unha serie de reflexións sobre os problemas periodolóxicos e taxonómicos do feito literario. A obra comentada gábase polo que ten de achega á historia e á critica literaria. Nesta liña, o neotrobadorismo é estudado por Teresa López tomando como punto de partida os cancioneiros medievais; a estudosa revélanos ata que punto foi fundamental para a súa articulación como corrente a paulatina canonización dos textos medievais. O seu estudo céntrase logo na análise polo miúdo das obras consideradas como canónicas do movemento, aínda que a reseña sinala que a perspectiva periodolóxica e antiinmanentista adoptada por Teresa López impide que cheguemos a unha caracterización identificadora. Iris Cochón remata sinalando como aspectos positivos do ensaio a exhaustividade da información manexada e a vontade de abrir vías interdisciplinares no estudo do fenómeno neotrobadoresco.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org