Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

García Negro, Mª Pilar (1986)
"Rosalía á luz de Mara"
Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: I. pp. 73-80.
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago de Compostela.

Alúdese ás dificultades para o estudo de Rosalía de Castro: unhas intrínsecas á obra e outras derivadas da glorificación interesada da escritora. Contra esa imaxe construída responde Pilar García Negro a través da análise da lírica e da narrativa. A estudosa ve en Rosalía unha conciencia clara do seu papel de escritora, un sentimento obxectivado ao servizo da verdade, un espírito patriótico e un pesimismo determinado polas circunstancias materiais. O exame do personaxe narrativo de Mara permítelle a García Negro consideralo guía da personalidade da propia Rosalía e comparalo con Follas novas cuxa voz lírica exterioriza, vinte anos despois, a reflexión sobre a escritura feminina.

 

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org