Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Gómez, Lupe (2010)
"A raíz fértil [Entrevista a Anxo Pastor]"
Galicia Hoxe: (26/01/2010). pp. 38.

Entrevista realizada con motivo da publicación en Faktoria K de Libros no ano 2009 da Escolma poética de Ramón Cabanillas, ao coidado de Luís Rei e con ilustracións de Anxo Pastor. Lupe Gómez pregunta ao artista gráfico e poeta polas súas relacións con Novoneyra e con outros escritores e pensadores. Coméntanse tamén os recordos de infancia en Vilardonas e algunhas vivencias do Courel e de Vilagarcía de Arousa, onde Pastor rexenta unha galería de arte, Arcana, na que se teñen realizado exposicións de poesía visual e presentación de libros, alén doutras mostras propiamente gráficas e plásticas. O ilustrador expón o que para el supuxo debuxar para acompañar os textos de Cabanillas e fai o propio respecto doutros títulos que tamén ilustrou, como o libro de poemas Dentro do labirinto, de Branca Novoneyra. Fálase así mesmo da actividade como escritor de Anxo Pastor e reflexiónase sobre se o ilustrador de libros de poesía se converte, por selo, nun poeta visual.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org