Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Castro, Xavier (1986)
"Problemática da 'orfandade' na obra de Rosalía de Castro"
Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: I. pp. 85-91.
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago de Compostela.

O autor proponse desenvolver unha teoría, xa defendida por outros críticos, sobre Rosalía de Castro: a transcendencia que na súa biografía e na creación literaria tivo a súa "orfandade". Para este labor, Xavier Castro repasa a biografía da poeta, sobre todo a infancia e a adolescencia, e alude ao clima de desacougo e incerteza no que se fraguou a súa sensibilidade.

A continuación exemplifica a través da narrativa e da lírica rosaliana a constante presenza da orfandade e, por último, alude a outros desamparos padecidos por Rosalía.

 
castro_1986_rosalia.pdf (.pdf 711 Kb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org