Para o autor deste artigo é importante comprender os condicionamentos da obra de Rosalía de Castro e por esta razón repasa a súa biografía, especialmente os anos decisivos de formación en Santiago de Compostela.
A continuación, Enrique Villagrasa céntrase en varias datas clave na historia de Galicia: a revolución e o levantamento de 1846 (que acabou cos fusilamentos en Carral), o ano da fame de 1853 e o banquete de Conxo de 1856. O primeiro e o último acontecemento, segundo Villagrasa, deberon afectarlle fondamente a Rosalía, pois, aínda que non participase, puido seguir o seu desenvolvemento por ser amiga dalgúns protagonistas.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org