Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Noia, Camiño (2009)
"Laios por unha Terra en catro tempos de Estúrdiga materia [recensión do libro de Luís González Tosar Estúrdiga materia, 2008]
Festa da Palabra Silenciada: 25, pp. 179-181.

Recensión do poemario Estúrdiga materia. O comentario inclúe unha contextualización dentro do resto da obra poética de Luís González Tosar e considera que "segue a facer unha poética de metaforización da paisaxe como fornecedora de identidade galega". Non obstante, neste libro estaría ausente a paixón amorosa.

A continuación, a autora detense en cada un dos apartados nos que se divide Estúrdiga materia e indica algúns dos seus elementos centrais: a reflexión sobre o cambio sufrido no mundo rural galego, a dolorosa vivencia da emigración e a poética da morte.

Finalmente, Camiño Noia considera importante o contido, interesante o tratamento formal do material simbólico ("Imaxes de intensa plasticidade, tiradas do seu imaxinario campesiño") e a riqueza léxica ("léxico evocador e moi den nós").

 
noia_2009_laios.pdf (.pdf 360 Kb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org