Texto lido na presentación do libro de Claudio Pato Como estás?, celebrada na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela o 18 de novembro de 2011. A autora vincula a poética do libro con conceptos como os de entropía, gozo ou comunidade, e coa dialéctica entre ideoloxía e afectividade. Salienta ademais a proxección feminista do discurso trazado no libro e diagrama a súa relación coas propostas literarias de Oriana Méndez, Rebeca Baceiredo, Valentina Carro, Chus Pato, Antón Lopo, Gonzalo Hermo, Antón Reixa, Raida Rodríguez Mosquera, o colectivo Ronseltz ou Arturo Casas.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org