Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Montero Santalha, José-Martinho (2007)
"Dois poemas inéditos de José Maria Álvarez Blázquez"
Agália: 91-92, pp. 39-42.

Nota introdutoria de José-Martinho Montero Santalha a dous poemas inéditos de Xosé María Álvarez Blázquez, "Foje!" e "A final...", escritos con grafía portuguesa.  O poema "Foje!", de 1932, leva o subtítulo "portugués" e forma parte dunha serie de exercicios en diferentes linguas, como o francés e o italiano. Así pois, cabe deducir que neste momento o autor considera o portugués como unha lingua estranxeira. Porén, nos paratextos do poema "A final...", escrito dous anos máis tarde, non aparece referencia algunha á lingua. Isto, sumado ao feito de o texto atoparse inserido nun conxunto de poemas en galego, leva a Montero Santalha a formular a hipótese de que Álvarez Blázquez contemplou a grafía portuguesa como unha posibilidade para a lingua galega.

Bibliografía secundaria sobre:
Álvarez Blázquez, Xosé María.
 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org