Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

O estudo céntrase en tres notas caracterizadoras da poética de Luís Pimentel, identificadas polo crítico como anovación, intensidade e singularidade. En relación cos outros poetas da xeración da vangarda (ou do 22), Pimentel preséntase como o poeta que de xeito máis amplo e complexo actualizou e desenvolveu as liñas fundamentais da tradición simbolista. A súa dedicación lírica, de forte carácter unitario pero escrita ao longo dun período de corenta anos (1918-1958) , deu sentido ao esteticismo (cunha reflexión de base metapoética), ao impresionismo (a través dunha visión que calla nos cadros e estampas referidos a un lugar de provincia) e á simbolización en todas as súas variantes (co emprego de elementos escénicos).

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org