Breve consideración sobre as actividades de Ánxel Casal e María Miramontes durante os anos que viviron en Santiago de Compostela. O autor lembra os recados que de neno lle facía ao seu pai, Camilo Díaz Baliño, entre a vivenda familiar e o taller de Casal, situado en diferentes puntos da cidade conforme pasaban os anos, procurando sempre o mellor acomodo para as tarefas de impresión ao servizo do Seminario de Estudos Galegos e dos outros proxectos colectivos cos que o editor colaborou, nalgún caso contando co financiamento do propio taller de costura da súa esposa.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org