Descrición: Gravación que recolle unha escolma das entrevistas a Celso Emilio Ferreiro para o libro
Celso Emilio Ferreiro: Compañeiro do vento e das estrelas (1981). O audio foi publicado polo Consello da Cultura en 1996, na colección "As nosas voces" do Arquivo Sonoro de Galicia. O testemuño do poeta foi ordenado en diferentes seccións que atenden a súa infancia, os aspectos ideolóxicos, a experiencia da guerra civil española, a fase de formación poética, o repaso da súa obra, a relación coa lingua e a cultura galegas, a emigración a América, o regreso posterior a Galicia, a evocación dos ámbitos familiar e sentimental e, finalmente, a reflexión sobre a vellez.
Tipo de video: Vídeo informativo
Fonte: Arquivo Sonoro de Galicia - Consello da Cultura Galega / youtube.com
Metadatos: Ferreiro, Celso Emilio;
Porteiro, María Xosé;
Perozo, Xosé Antonio;
poesía social;
poesía comprometida;
poesía e política;
poesía e exilio.