Dietrich Briesemeister alude ás grandes figuras literarias femininas que fixeron revivir a poesía europea ao longo do século XIX. A partir dunha análise comparativa, demostra que a lírica de Rosalía de Castro sintoniza con algunhas novas orientacións xerais na Europa contemporánea.
Briesemeister establece algunhas coordenadas cronolóxicas que permiten situar e comprender a novidade de Cantares gallegos no contexto europeo das literaturas rexionais e precisa a posición de Rosalía dentro da comunidade de mulleres literatas a partir da súa obra en prosa. Por último, abórda a consciencia de Rosalía como escritora, así como os condicionamentos intelectuais e sociais da creación literaria feminina, e coloca diante da poeta galega dúas autoras coas que garda afinidade espiritual e sensibilidade emocional.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org