Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Rubia Barcia, Xosé (1986)
"As profundas raíces rosalianas (das jarchas ós cantares)"
Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: I. pp. 179-184.
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago de Compostela.

Rubia Barcia alude ao achado das "jarchas" no Cairo e nos traballos de Emilio García López. Desde entón, as teorías da orixe da lírica europea volven ser controvertidas coa reafirmación da tese galaica.

A continuación, o estudoso resume a historia de Galicia a partir do asentamento musulmán e argumenta a posibilidade da existencia dunha lírica galega moi antiga que os galegos levaron a Andalucía. Desde o seu punto de vista, as moaxajas (precedidas das jarchas en lingua romance) mostran un gran paralelismo coas cantigas de amigo (estrutura, tema, sentimento e vocabulario). Do anonimato das jarchas pasaríase á expresión literaria nas catro linguas (árabe, hebreo, galego-portugués e provenzal). Esta tradición esquecida das jarchas e das cantigas medievais sería recuperada por Rosalía de Castro e, grazas a ela, produciríase o Rexurdimento.

Por último, o autor céntrase en Cantares gallegos (métrica, recursos, temática e linguaxe) como libro homenaxe ao xenio creador de Galicia. O artigo conclúe cunha referencia aos restantes poemarios nos que se fai alarde da intimidade.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org