Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Carreño, Antonio (1986)
"El discurso de la tradición: los Cantares gallegos de Rosalía de Castro"
Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: I. pp. 191-200.
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago de Compostela.

Carreño alude ao auxe do romance e do cancioneiro nos séculos XVI e XVII que se correspondería, no XIX, co auxe do "cantar". Neste sentido recórdase o oído de Rosalía de Castro para a música e indícanse factores que se deben ter en conta na morfoloxía descritiva de Cantares Gallegos (o libro de Antonio Trueba, a influencia de Enrique Heine, a presenza de Augusto Ferrán...).

O estudoso indica que o "Prólogo" é revelador da poética de Rosalía e das claves que conforman a hermenéutica dos textos. Destaca varios conceptos (valor órfico da lírica, relevancia e recoñecemento dunha tradición, incorporación dunhas convencións líricas...)  e, a continuación, analiza a función mimética e simbólica da linguaxe poética de Cantares gallegos como reprodución do espírito do pobo e que xustifica unha serie de recursos. Por último, alude ao peculiar "eu" lírico que é interlocutor, autorreferente e está ligado ao suxeito biográfico. Conclúe con que a linguaxe lírica se glosa como palabra aprendida e herdada e como mímese do propio sentimento que reflicte.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org