O artigo pretende facer un percorrido panorámico pola influencia da cultura clásica (sobre todo a latina) na literatura galega moderna. O autor comeza por comentar a formación cultural e académica dos autores e autoras galegos; logo sintetízase a situación actual das traducións de literatura latina ao galego. Finalmente, analízanse polo miúdo os casos de Xoán Manuel Pintos, Manuel Leiras Pulpeiro, Antonio Noriega Varela, Xosé Crecente Vega, Aquilino Iglesia Alvariño e Xosé María Díaz Castro.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org