Alúdese ao rexurdimento das letras galegas no século XIX coa tríade Rosalía de Castro, Manuel Curros e Eduardo Pondal. Dos dous primeiros poetas, que chegaron a unha comuñón cotiá co espírito dos labregos, se ben os críticos analizaron a súa vida e as súas obras, poucos examinaron a paisaxe. A este labor se dedica Luis Lorenzo Rivero, a comprobar algunhas significacións da paisaxe xeográfica e humana. Como parte da esencia poética de Rosalía e Curros, analiza a emoción diante da paisaxe como reivindicación cultural, as árbores preferidas e os seus valores simbólicos, o misterio do amor, os animais e a súa simboloxía, etc. Conclúese con que os dous poetas "viviron en loita continua coa súa situación e interpretaron o máis íntimo do espírito galego con grande amor e compaixón".
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org