Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Alúdese á importancia da muller na composición e execución da lírica tradicional da Galicia rural e que xa foi captada por estudosos como Francisco Blanco García, para quen a poesía de Rosalía de Castro -grazas á súa condición de muller- convertiría a natureza en cultura conservando as calidades orixinais da primeira.

A continuación, Shelley Stevens céntrase no prólogo de Follas novas pois, na súa opinión, nel Rosalía presenta unha interpretación da cultura na que as mulleres teñen un papel central. A poeta tamén reexaminaría suposicións acerca da poesía e as orixes da creatividade e atendería ás preocupacións sexuais e políticas da época.

 
stevens_1986_rosalia.pdf (.pdf 307 Kb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org