Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Casas, Arturo (2011)
"O compromiso como posición no campo cultural. Luís Seoane no campo cultural galego"
En Ramón Villares (ed.).
Emigrante nun país soñado. Luís Seoane entre Galicia e Arxentina. Actas do Congreso Internacional Luís Seoane: Galicia - Arxentina, unha dobre cidadanía: pp. 311-337.
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.

Este traballo presenta unha consideración sobre as nocións de intelectual e compromiso situando o debate sobre as mesmas no contexto xeral da propia historia dos intelectuais, na teoría política e na socioloxía do campo cultural. Todo o cal, referíndose a unha personalidade como a de Luís Seoane e ás súas coordenadas de intervención pública, enlaza coas referencias ao exilio, á loita antifascista, á multiplicidade das tarefas asumidas como artista e como publicista (radio, xornais, editor...) e á participación en distintos proxectos e plataformas políticos, industriais, mediáticos e culturais xa desde finais dos anos 20, cando estudaba Dereito na Universidade de Santiago, e tanto en Galiza como na Arxentina. A análise faise deste xeito á vez teórica e histórico-cultural, por canto o autor interpreta que o seguemento dos procesos de Seoane como artista e intelectual comprometido deben ser vistos á luz das comprensións que sobre a figura dos intelectuais no século XX configuraron autores como Brecht, Gramsci, Sartre, Althusser, Bobbio e Bourdieu, entre outros.

 
casas_2011_seoane.pdf (.pdf 816 Kb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org