Presentación dos principais problemas e propostas no desenvolvemento da pragmática lingüística e da pragmática literaria, en especial daqueles que inciden de xeito directo no estudo da poesía. O traballo comeza estudando os precedentes disciplinares e epistemolóxicos da semiótica pragmática a través dos seus vínculos coa filosofía da linguaxe e das relacións con outras disciplinas. Repasa tamén as posicións teóricas fundamentais sobre o estatuto ontoepistemolóxico da poesía e ocúpase así mesmo dos debates habidos sobre a delimitación do obxecto de estudo dunha pragmática literaria. No estudo pásase revista a unha serie de elaboracións teóricas centradas nos actos de fala, a análise do discurso, a análise da conversación, a enunciación e a comunicación literarias, a institucionalización da literatura e o seu consumo/recepción, o estatuto ficcional da literatura e a súa repercusión no poema, as estruturas e macroestruturas poéticas e algunhas outras.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org