Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Casas, Arturo (1992)
"O método pragmático. 'Na chegada a Ourense da primeira locomotora', de Manuel Curros Enríquez"
En Rodríguez Fer, Claudio (ed.).
Comentarios de textos contemporáneos: pp. 141-170.
Vigo: Xerais.

Aplicación do método semiótico-pragmático á análise dun coñecido poema de Manuel Curros Enríquez. O autor declara que o propósito do capítulo é ofrecer información de conxunto sobre un modelo de análise escasamente practicado no ámbito dos Estudos Galegos. Introdúcense unha serie de nocións teóricas (cotexto e contexto, subtexto e macroestrutura, isotopía, coupling, sentido e significado, presuposición, cohesión textual, mundo posíbel, actos de fala, ideoloxema, regra F, lector implícito, forza ilocutiva...) e as bases epistémicas dalgunhas correntes lingüísticas e semióticas (pragmática, lingüística do texto, teoría da estrutura do mundo e da estrutura do texto, hermenéutica, retórica e teoría da argumentación, semiótica da ideoloxía, análise actancial, análise macroestrutural...) e aplícanse posteriormente estas propostas ao poema "Na chegada a Ourense da primeira locomotora". 

 
casas_1992_curros.pdf (.pdf 4.3 Mb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org