Emilio González López alude á circunstancia de que Cantares Gallegos apareceu cando o realismo triunfaba na literatura. Con todo, o autor considera que a poesía e a lingua do poemario non responden á visión desa corrente senón que se achega "pola súa profunda intimidade, ó moribundo romanticismo, ó nacente simbolismo e en anos máis alonxados ó que será o existencialismo".
Máis adiante indica que no mundo afectivo de Rosalía de Castro a emigración é un dos temas máis relevantes, por iso lle dedica o seu traballo. O autor refírese ás formas dramáticas e ás da tradición galaico-portuguesa preferidas pola poeta en Cantares Gallegos.
Finalmente, o investigador compara o tema nos restantes poemarios. Se no escrito en castelán hai un simbolismo dramático por riba do mundo sentimental, en Follas novas a emigración desenvólvese con maior complexidade no contido e na forma.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org