Kathleen N. March proponse facer unha incursión na obra daquelas poetas galegas nas que Rosalía de Castro funciona como un dos seus puntos de referencia estética, ideolóxica e de autodefinición. Para este labor, March baséase nos temas rosalianos e comproba os motivos que inspira, a interpretación que se lles dá e as orixes teóricas do contexto galego entre as autoras que publican arredor dos anos 40 (Pura Vázquez, Xohana Torres, María do Carme Kruckenberg, Ánxeles Penas, Xaquina Trillo e Luz Pozo).
Tras a análise, a estudosa identifica nas poetas mencionadas o uso da feminidade pasiva como principio básico da interpretación de Rosalía.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org