Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Feal Deibe, Carlos (1986)
"Sobre el feminismo de Cantares gallegos"
Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: I. pp. 307-315.
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago de Compostela.

Alúdese a algúns aspectos de Cantares gallegos pouco estudados e nos que Rosalía de Castro mostraría unha irmandade con outras mulleres escritoras ao conquistar unha autoridade literaria feminina a través da aceptación e subversión de modelos patriarcais.

Carlos Feal refírese, primeiramente, á realización e publicación de Cantares gallegos nunhas circunstancias que revelan a "ansiedade da autoría" típica da muller escritora. A continuación, ofrece unha lectura dalgúns poemas do libro co obxectivo de reflectir a riqueza do seu contido, sobre todo a ousadía dos personaxes femininos que se debaten pola liberación.

O autor remata abrindo novos temas de investigación, caso da relación entre o humanismo e o galeguismo en Rosalía, e reiterando que a poeta se converteu nunha precursora.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org