Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Quiroga, Carlos (2000)
"Da anormalidade do campo literário galego e da centralidade de Ferrín"
En José Luís Rodríguez (ed.).
Estudos dedicados a Ricardo Carvalho Calero: pp. 771-816.
Santiago de Compostela: Parlamento de Galicia / Servicio de Publicacións e Intercambio Científico da USC.

Estudo que pretende argumentar a anormalidade do campo literario galego para contrarrestar a equívoca sensación de normalidade que se difunde nos medios. Sérvese para iso, fundamentalmente, dun estudo de caso, o de Xosé Luís Méndez Ferrín, que goza dunha posición central no campo a pesar de non demostrar a coherencia e dominio lingüísticos que se lle presuporían dado o seu estatus. Faise unha análise pormenorizada dos usos ortográficos, léxicos e temáticos do autor para ofrecer datos contrastables sobre a súa inobservancia da norma que defende e sobre as súas áreas ideolóxicas de interese. Conclúese efectivamente que a recepción da súa obra vén condicionada por unha lectura moi marcada ideoloxicamente, que recibe o apoio de todos os sectores, mesmo dos opostos a el, e que lingüisticamente escolle unha norma discordante coa ideoloxía que defende e que tampouco respecta. Segundo o autor do texto, todos eses factores demostran unha anormalidade do campo literario galego oculta baixo toda sorte de eloxios ao vigor da produción literaria que abeira.

Bibliografía secundaria sobre:
Méndez Ferrín, X. L..
 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org