Neste traballo José Luís Forneiro estuda todas as versións galegas, editadas ou inéditas, deste vello e raro tema romancístico derivado do cantar francés Beuve et Hanton (séculos XII ou XIII) e das súas reelaboracións medievais, do que só se obtiveron uns cincuenta textos na tradición romancística moderna en territorios como o noroeste da Península Ibérica (Lugo, Ourense, Trás-os-Montes, Zamora, León e Asturias), en Castela a Vella (Burgos e Cantabria), nas Illas Baleares e na tradición sefardita de Oriente (Bosnia, Bulgaria, Grecia, Líbano e Turquía). Mentres nos textos medievais morría o marido matado polo amante, nos textos modernos é o amante quen morre. Na maioria das versións modernas, incluídas as galegas, desapareceu o motivo da diferenza de idade entre o marido e a muller como causa do adulterio.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org