Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Forneiro, José Luís (2010)
"De romances, caligramas e poemas. O encontro de Uxío Novoneyra com o Seminario Menéndez Pidal"
En Anxo Tarrío Varela (ed.).
Uxío Novoneyra. Día das Letras Galegas 2010: pp. 33-61.
Santiago de Compostela: Departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago.

Neste artigo José Luís Forneiro dá conta do encontro de Uxío Novoneyra na súa aldea natal (Parada de Moreda, Lugo) cun equipo do Seminario Menéndez Pidal da Universidade Complutense de Madrid, que estaba a recoller romances tradicionais en Galiza en xullo de 1982. Naquela tarde estival obtívose un bo feixe de textos romancísticos (entre eles o tema carolínxio de Belardo e Valdevinos), Uxío Novoneyra escribiu caligramas para os catro membros do equipo madrileño e máis tarde un deles, Jon Juaristi, dedicaría un poema (Iré al Caurel) ao poeta lucense. No traballo son tratados os romances recollidos, así como o feito de Uxío Novoneyra descoñecer o estado da tradición romancística da súa terra. Así mesmo, no artigo figuran dúas fotografias, un caligrama e o romance carolínxio e o poema de Juaristi citados.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org