O artigo ábrese cunha achega ao debate xeracional entre poetas dos 80 e dos 90 que serve de marco conceptual para ubicar periodoloxicamente a Chus Pato cun criterio superador das estrictas balizas cronolóxicas. Depois o artigo vai debullando algúns dos trazos máis singulares da súa escrita: protagonismo absoluto da linguaxe dentro do programa poético emancipador e subversivo da autora, configuración do aparato enunciativo, principais guías estruturais organizadoras dos seus libros e singularidades estilísticas. Ao tempo, alúdese á concreción destas características nos distintos libros de Pato e apúntanse comparacións ilustrativas con outras voces poéticas coas que a autora presenta certa sintonía.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org